Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe - O ROSAL

Interese naturalista / Interese paisaxístico

Dende a Praia das Eiras conecta coa área recreativa do río Tamuxe, onde se poden contemplar as ruínas dun gran serradoiro de vapor así como o Muíño das Aceñas.

Este enclave, pertencente á Rede Natura 2000, presenta un ecosistema natural de enorme beleza e interese formado por bosques de ribeira, canas, xunqueiras e piñeiros, cunha gran variedade de paxaros que fan deste hábitat un enclave ornitolóxico de grande interese. 

Grandes areais e marabillosas panorámicas do esteiro do río Miño acompáñannos nesta ruta apta para realizar en familia. Como actividade deportiva, recomendamos alugar un kaiak na zona das Eiras e visitar as pequenas illas a medio camiño da ribeira portuguesa e internarnos no río Tamuxe.


Acceso: PO-552 entre A Guarda e Tui, ata chegar ao cruzamento coa PO-3303 en dirección á Praia das Eiras no municipio do Rosal.

Camiños de Santiago: Camiño Portugués pola Costa


Fonte: Turismo.gal