Ruta dos Montes de San Cibrán - O PORRIÑO

Arquitectura tradicional / Etnografía / Interese paisaxístico

Comeza no Alto do Confurco, situado na parroquia de Cans. No seu inicio varias escaleiras e pasarelas de madeira axudan a salvar un gran desnivel namentres se arrodea o regato do Couso, que antano alimentaba os sete Muíños da Laxe.

A partir deste punto a ruta cobreguea entre viñedos, pradarías, milleirais, fontes e aldeas; un entretido e fermoso mosaico que mostra como é, e sobre todo como era, a vida rural en Galicia.

Unha vez no Alto de San Cibrán descéndese en paralelo ao río Caselas cara ao fondo do val, onde se sitúan a maior parte dos núcleos de casas e se atopan varias construcións de interese, como lavadoiros, muíños e Petos de Ánimas do Carballal.

O último tramo do percorrido discorre polos montes comunais de San Xurxo ata chegar ao final do noso percorrido na Área recreativa das Conforcadas. Neste punto existe a opción de enlazar co GR-58, Sendeiro das Greas, e regresar ao Alto de Cans.


Acceso: Na autovía A-52 en dirección a Ourense, desviarse pouco despois de pasar O Porriño pola N-120 en dirección a Cans. A uns poucos metros, no Alto do Confurco, hai un poste que indica o comezo da ruta.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués


Fonte: Turismo.gal