A primitiva fábrica empezouse a construír cara ao ano 1329. A súa planta é de cruz latina con cabeceira triabsidal e nave central de tres tramos. Esta igrexa conserva a cabeceira e o cruceiro de estilo gótico cos sepulcros da familia Sotomayor do mesmo estilo. A nave e a fachada son posteriores, de estilo neoclásico e barroco respectivamente. Sobresaen no seu interior dous magníficos retablos barrocos: a maior obra do redondelano Antonio do Villar, do século XVIII, destaca pola súa grandiosidade; o retablo da Virxe do Rosario, situado no cruceiro sur, posúe unha curiosa representación da batalla de Lepanto no seu parte superior. Esta igrexa e convento - do que se conservan escasos restos - foi panteón da nobreza tudense: Soutomaiores, Correas, Ozores.