Historia. Familia. Amigos. Dedicación. Vocación. Moitas palabras poderían describir á nosa adega, Adegas Valmiñor, porque somos moitas cousas diferentes que se unen baixo una mesma paixón: os nosos viños. A adega fundouse en 1997 pero a nosa tradición é ancestral. Amamos a uva albariña, pero tamén a treixadura, a loureiro, a castañal... Amamos a nosa terra e todo o que nos brinda. Respectámola e coidámola, porque ela é o noso legado. É a nosa vida.
Auga. Terra. Aire. Sol. Catro elementos, catro forzas. Catro enerxías unidas nunha mesma terra chea de maxia. Un carácter único forxado baixo a atenta mirada dun mesmo legado: o legado do Rosal. O Atlántico e o Miño fusionados nun mesmo aroma; a uva e a historia convertidas en caldos de calidade; a luz e o vento conxelados nun mesmo instante, nun mesmo sabor. Así é a nosa natureza, a nosa fonte de vida e de inspiración: así son os nosos viños.