ADEGAS La VAL, fundada en 1985, é unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas. Situada inicialmente no Municipio do Rosal, a beiras do río Miño, a leira denominada A VAL, cultivou nas súas orixes as variedades de Albariño, Loureiro e Treixadura.
O éxito na comercialización duns viños de calidade motivou a procura dos mellores terreos para realizar novas plantacións. Esta aposta consolidouse coas adquisicións das leiras de Arantei (1985), Taboexa (1985),Pexegueiro (2001) e Porto (2011).
A adega é unha das máis importantes en canto a elaboración propia, xa que os seus viñedos achegan a práctica totalidade da súa produción. Ademais as súas instalacións contan con capacidade para producir máis de 1 millón de litros de viño.
A produción trasládase no ano 2003 á Leira Arantei, nunha nova e moderna adega, equipada coas tecnoloxías máis punteiras do sector. O edificio que acolle a nova adega, atópase dentro dunha plantación de 35 hectáreas, cunha superficie útil de 6.600 m2, dos cales 3.800 m2 son ocupados exclusivamente pola adega, e o resto destinados a outros usos, como hall, oficinas, salóns para eventos, laboratorio, cociñas, salas de cata, etc.
No ano 2010 prodúcese un cambio no accionariado, manténdose no cargo de Presidente Honorífico D. José Limeres Guille, fundador da Adega.
O resultado é a consolidación de ADEGAS A VAL e as súas marcas, cun claro obxectivo de crecemento no mercado internacional, conservando a elaboración tradicional dos seus excelentes viños.
Adegas A Val ofrece visitas guiadas para coñecer de primeira man o proceso de elaboración do viño albariño Rías Baixas así como todas as particularidades do mundo vitivinícola.
Adegas A Val realiza formulacións de visitas adaptados ás necesidades de cada visitante (turismo, profesional, lecer...) xa que as instalacións ofrecen unha diversidade de posibilidades de visita tanto á adega como aos viñedos con distintos complementos: