Calquera das praias de Baiona é ideal para o baño.
As máis occidentais, Concheira e Os Frades, son as de menor extensión pero, aínda que teñen area grosa, as súas augas son moi ricas en iodo.
Ao comezo do paseo marítimo atópanse a sosegada praia de Ribeira e, accedendo polo Paseo Monte Boi, a da Barbeira.
Santa Marta e Ladeira atópanse a un km do centro, unidas polo Paseo Marítimo. Ladeira, ademais de ser a máis grande de todas, forma o final do estuario do río Miñor, que forma parte da Rede Natura 2000.
En 2013, tres das seis praias de Baiona foron galardonadas coa Bandeira Azul (A Ladeira, Barbeira y Os Frades), que premian a calidade dos arenais e os seus servizos.
Fuente: baiona.org