Este carreiro discorre seguindo o río Eifonso desde Mourelle ata o poboado primitivo da Fraga (Bene Vivere).
Durante o percorrido poderemos observar varios muíños e unha fervenza, a fervenza da Bouza Fría. Tamén pasaremos preto da Ermida de San Cibrán.
O percorrido termina no parque forestal de Beade, onde podemos gozar de zonas de recreo moi ben equipadas, e un miradoiro con excelentes vistas á ría de vigo.