Puerto pesquero - A GUARDA

A actividade pesqueira está moi arraigada na Guarda e segue constituindo unha das principais fontes de ingresos. Hoxe, xunto coa pesca de baixura, ten gran relevancia a de altura , e a frota guardesa do peixe espada é considerada como unha das máis importantes de España.

O Porto da Guarda caracterízase polas casas típicas mariñeiras, estreitas, de varios pisos e de gran colorido, que xunto coas rúas peanís e os diques configuran o porto como un lugar de obrigada visita. No paseo peonil sitúanse restaurantes e terrazas.

O DIQUE SUR

Coñecido como o “dique dos mariñeiros” construíuse a comezos do século XX. É aquí onde se poden observar as tarefas dos mariñeiros, as súas embarcacións e aparellos de pesca,  tamén a curiosa venda do peixe na lonxa.

PASEO MARÍTIMO

Este paseo é peonil e conta con zonas axardinadas e de recreo. Ao final do paseo sitúase a Atalaia e o malecón.

MALECÓN

Este malecón ou dique novo cerra o porto da bravura do mar de inverno. No ano 2008, o malecón foi pintado conformando un lenzo xigante que reflicte as cores das casas típicas mariñeiras e a vida social da Guarda converténdose nun lugar máis de interese.


Fonte: aguardia.es

Características de Imprescindible

  • Centrico Si
  • Accesibilidad para discapacitados Si
  • Cobran entrada Non