Interese paisaxístico
Sendeiro circular que une lugares con interese histórico local, parques forestais e miradoiros extraordinarios. Hai que destacar muíños como Muíño do Corviño e Muíño da Ponte do Río, e penas como Penedo da Pucha, Penide e A Pedra que fala.
O punto culminante do percorrido é o Miradoiro da Caseta con extraordinarias vistas sobre o Val de Louriña, a Ría de Vigo e os montes do contorno de Vigo, (O Galiñeiro, Vixiador, Monte Aloia...). Entre os referentes históricos e artísticos sinalaremos as ruínas do Pazo dos Marqueses de Mos, a Casa Branca e un sarcófago do S. XVI.