Praia marítima situada ao lado da praia de Area Grande, de menor longura pero que comparte as beneficiosas propiedades das súas augas. Goza dunha situación ideal grazas á súa proximidade ao centro urbano e ao porto da Guarda, encóntrase unida á praia de Area Grande polo paseo marítimo ofrecendo zonas de descanso que permiten gozar de espectaculares solpores.
ACCESO:
Se saímos da Guarda en dirección a Baiona, pola PO-552, a 400 metros temos que coller un desvío á esquerda que leva directamente ata a praia.
ACCESIBILIDADES:
En coche ou a pé.