Bandera azul 2016
Chamada deste xeito porque nela se bañaban os frades do convento franciscano existente dentro da fortaleza de Monterreal. Os frades accedían ó seu areal a través dunha porta -que aínda hoxe se conserva- existente na muralla. O convento desapareceu a metade do século XIX. A praia é -coma a súa lindeira, a de Cuncheira- ventilada, de augas transparentes e area grosa.