Bandera azul 2016
Praia bañada polo oceáno Atlántico, a escasa distancia do centro urbano o que facilita o acceso a pé dos bañistas atraídos pola sona e as propiedades beneficiosas das súas augas iodadas, ideais para mellorar das enfermidades reumáticas e dermatolóxicas. Para todos aqueles que o necesiten dispón de transporte urbano e diversos servizos hostaleiros, así mesmo pódese tomar como punto de partida dun agradable paseo cara o porto da Guarda seguindo a liña da costa.
ACCESO:
Está situada saíndo da Guarda en dirección a Baiona, pola PO-552, aproximadamente a 400 metros cóllese un desvío á esquerda que leva ata a praia.
ACCESIBILIDADES:
Coche, peonil ou transporte urbano (autobús).