A Feira do Viño da Roseira, cuxos caldos se achan recoñecidos dentro dunha subzona pertencente á Denominación de orixe Rías Baixas, consiste nunha mostra e exaltación dos caldos que se producen en toda esta zona da Roseira. As adegas participantes, 12 en total na VIII edición, fan exposición dos seus produtos e concursan nun certame de Cata. Os visitantes poden degustar os diferentes produtos ofertados e gozar coas diversas actuacións culturais programadas para mellor entretemento dos asistentes. A VIII edición permitiu ampliar os temas que tradicionalmente se consideran nesta feira, abríndose aos cultivos hortícolas e florícolas, consecuencia da puxanza que está a alcanzar nesta zona do Baixo Miño o sector primario.