Sinsal son estrella Galicia en Redondela

Sinsal Son Estrella Galicia é un dos festivais máis singulares de Europa. Ten lugar na illa de San Simón, na ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fretados pola organización. A viaxe á illa é o punto de partida dunha experiencia única que só 800 persoas poden gozar cada día de festival. A outra circunstancia que fai de Sinsal unha cita especial é o seu cartel secreto. O público non coñece o nome das e dos artistas ata que entra na illa pero pode estar seguro de que se atopará cun elenco musical internacional, de calidade e con capacidade para sorprender.

Web: www.festival.sins.al

Facebook: www.facebook.com/

FestivalSinsal Twitter: twitter.com/

Sinsalaudio Instagram: www.instagram.com/sinsalaudio

Youtube: www.youtube.com/user/Sinsalaudio

 


Data: 22/07/2016 00:00 - 24/07/2016 00:00