O casco antigo de Baiona foi declarado Conxunto de Interese Histórico-Artístico pola Dirección Xeral do Patrimonio en 1993, coincidindo coa celebración do V Centenario da Arribada. A súa protección está contemplada no Plan Xeral de Ordenación Urbana e no Plan Especial de Protección do Conxunto histórico-artístico, que limita a altura dos edificios e a calidade dos materiais.
Aínda que parte do casco antigo está situado entre o Burgo (península de Santa Marta) e Sabarís, o núcleo principal está radicado no centro do municipio e ocupa un círculo case pechado. Este ten tres entradas: pola praza de Santa Liberata, pola do Pai Fernando e desde o cruceiro da Trindade. As súas rúas son angostas, estreitas e empedradas, con edificios asoportalados, de pedra ou granito, e cunha planta de pouca altura. A cada paso hai un pequeno templo, unha fonte ou unha casa nobiliaria. E no aire, sempre, o cheiro do mar.
Fonte: baiona.org