Un fermoso pazo do século XVI, coñecido como Pazo Piñeiro ou Casa Bugallal e rodeado de viñedos da variedade Albariño, conforma o marco xeral no que se desenvolve o proxecto de Pazos de Lusco.
A adega, situada no municipio de Salvaterra do Miño, nun dos límites da Denominación de Orixe Rías Baixas, crea viños brancos cunha extraordinaria carga froiteira, armónicos e equilibrados.
A leira conta con cinco hectáreas de viñedo plantadas co sistema tradicional de pérgola que permite que a uva Albariño se móstre en plenitude.