A nosa adega naceu dunha idea antiga que roldaba a varios veciños da zona que tiñan en mente facer unha adega para poder vender e promocionar os xa coñecidos viños de Rubiós, que o único que necesitaban era unha plataforma de saída ao mercado. Así a finais do ano 2003 57 persoas, os primeiros socios, sentaron as bases desta idea e fundaron a Adega Coto Redondo, que actualmente xa pousei 105 socios, que traballan para situar o viño de Rubiós no lugar que sempre lle correspondeu, por tradición, por historia e pola calidade dos seus caldos.
Paralelamente á creación da Adega constituíuse Viticultores de Rubiós Sociedade Cooperativa Galega cuxos socios, os viticultores, achegarían a maior parte da uva á adega para poder elaborar os seus viños: os viños de Rubiós, os viños do Condado.
Tras moito esforzo e traballo nos primeiros meses do 2006 saíron á luz os primeiros viños da nosa adega, que sorprenderon gratamente a moitos padais e que esperamos que o sigan facendo nos próximos anos, no que sairán ao mercado novas propostas desta adega.