Arquitectura religiosa - A GUARDA

IGREXA DE SANTA MARÍA

A igrexa parroquial orixinalmente románica ampliouse no século XVI, sendo bispo de Tui Diego de Torquemada. No interior destaca o retablo da capela maior de estilo borrominesco do século XVIII dedicado á Asunción da Virxe María

CONVENTO DE SAN BIEITO

Fundado no século XVI pola familia Ozores de Sotomayor. As monxas abandonaron o convento no ano 1983 e trala reforma o convento converteuse nun afamado hotel e restaurante. A igrexa, pequena e deteriorada, reconstruíuse no XVII e segue adicada ó culto relixioso. 

IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO DE SALCIDOS

Edificio promovido polo párroco D. Álvaro Ozores de Sotomayor no séc. XVI. No 1760 eríxese a capela maior.

SANTUARIO DE SAN ROQUE DE SALCIDOS

De estilo neogótico construído no 1914, sustituíu a antiga ermida do século XVII. Fronte a  fachada érguese un artístico cruceiro do XVIII.

ERMIDA DA NOSA SEÑORA DAS MERCEDES

Localízase no barrio da Gándara (parroquia de Salcidos) e  data do 1918.

ERMIDA DE SAN CAETANO

Situada no barrio da Cruzada. Construída no século XVII nun lugar estratéxico xa que foi guía dos navegantes. A actual campá procede dun barco inglés que, no ano 1735, evitou o naufraxio cando divisou a capela.

IGREXA PARROQUIAL DE CAMPOSANCOS

Igrexa de principios do século XIX.

ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA GUÍA

Edificada no século XVI.

ANTIGO COLEXIO DOS XESUÍTAS

No barrio da Pasaxe, na parroquia de Camposancos, sitúase o antigo Colexio dos Xesuítas, adquirido pola Orde converteuse en pouco tempo no máis grande de España en poder da Compañía. Ademais foi sede da Escola Universitaria durante oito anos (1877-1885),   xerme da Universidade de Deusto.

CRUCEIRO PINTO E PETO DE ÁNIMAS

Na parroquia de Salcidos atópase este conxunto monumental composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela. A data de construción abarca  do 1746 ata o 1764. Sobre unha base levántase unha columna cilíndrica rematada cun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un cristo e a esquerda San Francisco orante.