O espazo protexido abrangue o esteiro do río Miñor pechado case completamente pola praia da Ladeira,
de máis dun quilómetro de lonxitude. Neste treito costeiro de forte presión humana como zona
marisqueira e turísca, mantéñense as marismas da Foz nas que conflúen coas mareas ademais do Miñor os regatos Groba e Belesar.
O observatorio de Sabarís dispón de amplas ventás e material telescópico para divisar a variada fauna do tremedal.
Fuente: turismo.gal