Aberta ó mar, as súas augas son limpas, moi batidas, en ocasións arrastran grandes masas de argazos. A súa area é algo grosa, formada por cunchas sen sedimentar. Nela oficiábase antigamente, a véspera da noite de San Xoán, o baño das nove ondas, rito relacionado coa fertilidade.