Venres, 8 de xullo, ás 20:30 h.
Na Casa da Cultura
Entrada libre e de balde
"La decepción se pinta", da editorial viguesa Discursiva, componse de 26 poemas, agrupados en tres grandes bloques: "De las primeras decepciones", "Del método de vivir" y "De las consecuencias del programa amoroso", onde a autora, en clave autobiográfica, percorre etapas da súa vida. Está ilustrado por Elisa Bravo.
A presentación correrá a cargo do editor e escritor Enrique Sánchez Sotelo. En palabras do mesmo "A Editorial Discursiva nace en Vigo coa intención de dar cabida a esas voces que discorren, esas voces poéticas, soñadoras, investigadoras... esas voces que nos golpean a alma e a mente. Ese é o noso discurso."
Sobre Carmen Castejón Cabeceira: https://editorialdiscursiva.com/los-autores/carmen-castejon-cabeceira/
Ao final da presentación a autora asinará a súa obra a todos os que o desexen.
Organizan: Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela