Festival Portamerica en Nigrán

O Festival PortAmérica regresa a Porto do Molle fiel á súa filosofía: ofrecer unha experiencia de turismo alternativo nas Rías Baixas cun cartel de artistas iberoamericanos de primeiro nivel, entre outros. O festival ten lugar preto dunha das mellores praias de Galicia, Praia América, e na comarca de Vigo, a cidade máis grande e dinámica da comunidade, un porto internacional que tradicionalmente foi considerado porta do Atlántico. En PortAmérica converxen os universos culturais de Europa e América a través da música e a gastronomía a cargo de grandes cociñeiros internacionais, estrellas Michelín. Bunbury, Molotov, Amaral, The Undertones, Love of Lesbian e FM Belfast protagonizan esta quinta edición.

Web: www.portamerica.es

Facebook: www.facebook.com/portamerica

Twitter: twitter.com/portAmerica

Instagram: www.instagram.com/portamerica

Youtube: www.youtube.com/user/portamerica


Fecha: 15/07/2016 00:00 - 16/07/2016 00:00